Search
Close this search box.

Os momentos de lecer son
a mellor de tódalas
adquisicións

Socrates

NaiGaia é unha empresa xove, familiar, aberta e flexible no que o importante eres ti. Adicámonos á xestión integral de actividades de lecer e tempo libre, da actividade física e do deporte.

Servizos

laser tag

Laser Tag

Se tes entre 8 e 99 anos atrévete a desfrutar deste fascinante xogo dinámico, que desenvolve a precisión dos xogadores, a velocidade de movemento, a resistencia física, o pensamento rápido, o enxeño táctico e o espíritu de equipo. O noso láser tag desprázase a onde ti queiras, a festas de concellos, colexios, clubes deportivos, incluso á túa propia casa para practicar este xogo con quen ti queiras.

tiro con arco

Tiro con arco

Equipámoste con todo o necesario para poder iniciarte neste deporte olímpico, que nos seus comezos foi unha ferramenta para a supervivencia humana. Na actividade de tiro con arco realizarás diferentes xogos e campionatos cos teus compañeiros/as. Demostra a túa puntería!

excursions

Excursións

Organizamos saídas culturaís, de aventura, deportivas e medioambientáis. Combinando o lecer coa educación e o coñecemento da contorna.

Archery Battle

Archery Battle

O tiro con arco cambia cando ti podes ser a diana...100% seguro, indoloro e apto para todas as idades a partir dos 9 anos. Presentámoste unha actividade apaixonante e novedosa, perfecta para organizar eventos de team building, onde se potenciarán a capacidade de liderado e traballo en equipo dos membros dunha empresa. Tamén é unha forma estupenda de escapar da monotonía en despedidas de solteiros, festas de aniversario e actividades de aventura.

Gymnkanas

Gymnkanas

Actividade grupal participativa, orixinal e unha opción perfecta para pasar un rato divertido compartindo esta aventura con familiares e amizades. En función do tipo de evento recomendamos as gymkanas que mellor se adapten ás necesidades, ou incluso preparamos unha personalizada en función dos intereses dos participantes.

campamentos

Campamentos

Os nosos programas inclúen a realización de actividades pedagóxicas, lúdicas e deportivas que fomenten o compañeirismo, a creatividade, a espontaneidade e o desenvolvemento de facultades intelectuais e físicas, nun espazo de aprendizaxe contínuo que incorpora unha programación lúdica integrada por obradoiros, xogos, deporte, música...e todo que sexa preciso para que o período vacacional sexa un momento especialmente divertido.

Colaboradores